Ekitaldiak - Actos

Tuesday, May 30, 2006

Mahai-ingurua/Mesa redonda (Santiago de Compostela)

Dia/Eguna: 5 de Xuño/5 de Junio/Ekainak 5
Ordua/Hora: 12:00
Lugar/Tokia: Hotel Virxe da Cerca (Santiago de Compostela)
Parte hartzaileak/Intervinientes: Gemma Glez. de Txabarri, Nekane Alzelai, Gema Zabaleta, Jone Goirizelaia, Kontxi Bilbao, Itziar Gomez eta Ainhoa Aznarez.
Antolatzailea/Organizador: Fundación Galiza Sempre www.galizasempre.org
Aurkezlea/Presenta: Encarna Otero, Secretaria de Relacions Internacionais do BNG.


Declaración
colectivo de mulleres ahotsak, voces de mulleres para a paz

Quen subscribimos esta declaración somos mulleres de distintas ideoloxías, tradicións e sentimentos que, a título persoal, e partindo dende o que nos une e dende o que nos separa, queremos explorar pasos cara adiante na busca da paz e da reconciliación.

Con esta declaración non pretendemos substituír nada nin ninguén, dende o lugar que ocupa cada unha, a nosa única intención é dar un impulso á situación actual e tentar axudar na busca de solucións aseverando que o diálogo sen prexuízos e sen condicións é un bo punto de partida como o é o respecto aos dereitos de todas as persoas.

Traballar por un presente e futuro de esperanza obríganos a poñer en valor unha militancia común á marxe da nosa propia: a militancia pola paz ante tantos sabotadores que a paz ten sempre en todos os conflitos nos que é preciso alumeala.

Cremos que as mulleres debemos ser, polo tanto, axentes activas pola paz e participar nun novo proceso de esperanza que se debe abrir no noso país.

Hoxe por hoxe, e dado o modelo social no que vivimos, o protagonismo dos homes e das mulleres non é o mesmo na vida política do noso país. Non obstante, e en tanto que padecemos as consecuencias dun conflito político que en nada nos é alleo, vimos reivindicar a participación e o protagonismo que as mulleres tamén debemos ter á hora de buscar solucións. Debemos ser suxeitos activos da solución, do mesmo xeito que fomos suxeitos do que até agora sucedeu.

Por iso queremos que se poida abrir unha etapa nova baixo tres premisas básicas:

1. A consecución da paz é unha esixencia colectiva e unha prioridade política. É tamén unha tarefa de todas e todos e non consiste unicamente na ausencia de calquera violencia. O concepto de paz dende o noso punto de vista non está baleiro de contido, senón todo o contrario. Para nós ten que ver coa democracia, a xustiza social, cun proceso de cambio que permita á cidadanía dar por rematados conflitos históricos, pechar unha páxina en termos de dereitos e liberdades.

2. Todos os proxectos políticos poden e deben defenderse. Non hai que impoñer ningún. Hai que buscar un escenario democrático que permita e garanta o desenvolvemento e materialización de todos os proxectos en condicións de igualdade, por vías políticas e democráticas.


3. Se a sociedade vasca, a cidadanía do País Vasco ou Euskal Herria desexan transformar, mudar ou manter o seu actual marco xurídico-político, todos e todas deberiamos comprometernos a respectar e estabelecer as garantías democráticas necesarias e os procedementos políticos acordados para que o que a sociedade vasca decida sexa respectado e materializado e, se for preciso, tivese o seu reflexo nos ordenamentos xurídicos.

Neste sentido, entendemos que tamén deberán abordarse os condicionantes que determinan a diferente participación social das mulleres e homes, a fin de que se garanta a igualdade de dereitos e oportunidades inexistentes na actualidade. Isto leva consigo o recoñecemento dos nosos dereitos, os das mulleres, e solo será posíbel dende o compromiso firme de todos os axentes partícipes no proceso.

Quen subscribimos esta declaración cremos que é posíbel a solución, e pensamos que para iso todas e todos debemos recoñecernos como tales, que debemos tentar ver a parte de verdade que teñen as outras persoas. Para nós, dialogar é o paso previo para convir e iso é fortalecer a democracia, non debilitala.

Nós non buscamos o éxito electoral nin a defensa da nosa opción política, sindical, social e cultural, non buscamos o aplauso de ninguén nin nos intimida a crítica feroz, anímanos pensar que merece a pena traballar para que as cousas non sigan igual, para facer críbel o camiño ao que sempre até agora se tachou de imposíbel por quen non queren que teña solución.

As mulleres que subscribimos esta declaración, como o fixeron outras mulleres noutros procesos de paz, traballaremos para blindalo, para que non embarranque, para que non se frustre. Así mesmo, para que as mulleres sexamos parte activa do meso, para reivindicar o noso papel e o nosos protagonismo, tanto durante o proceso como na solución. En definitiva, traballaremos para estabelecer as garantías democráticas que permitan a participación de toda a cidadanía fortalecendo o proceso e a súa solución.

Por iso facemos esta achega, estamos dispostas ao contraste, ao diálogo, ao achegamento, á negociación, a poñer todo o que estea da nosa parte na tarefa de construír a paz sobre as premisas que propoñemos.

En Donostia a 8 de abril de 2006.

Monday, May 22, 2006

Premio de la Unión de Actores a Ahotsak

Dia/Eguna: Maiatzak 29 de Mayo
Lugar/Tokia: Palacio de Congresos de la Castellana (Madrid)

Mahai-ingurua/Mesa redonda (Zamudio)

Dia/Eguna: Maiatzak 29 de Mayo
Ordua/Hora: 20:00
Lugar/Tokia: Zamudioko Dorretxean/Casa Torre de Zamudio (Bizkaia)
Parte hartzaileak/Intervinientes: Duñike Agirrezabalaga, Nekane Alzelai, Idoia Mendia, Elixabete Piñol eta Joana Regueiro.
Antolatzailea/Organizador: Zamudioko Euskara Taldea

Mahai-ingurua/Mesa redonda (Vitoria-Gasteiz)

Dia/Eguna: Maiatzak 25 de Mayo
Ordua/Hora: 19:30
Lugar/Tokia: Hikateneo, Pintoreria kalea 13 (Vitoria-Gasteiz)
Parte hartzaileak/Intervinientes: Nekane Alzelai, Jone Goirizelaia eta Gema Zabaleta

Sunday, May 14, 2006

Dones catalanes per Ahotsak

Tokia/Lugar: TEATRE LLIURE
Mercat de les Flors
Paça Margarida Xirgú s/n - Barcelona

Eguna/Día: 15 de Mayo 2006 a las 19:00h

Antolatzaileak/Convoca: Dones Catalanes per AHOTSAK

Parte-hartzaileak/Participarán:
Nekane Alzelai
Ainhoa Aznarez
Kontxi Bilbao
Jone Goirizelaia
Itziar Gomez
Gemma Glez. de Txabarri
Gemma Zabaleta



DECLARACIÓ DE SUPORT A “AHOTSAK-Voces de mujeres vascas para la paz”

A llarg de quasi dos anys un grup de dones d´Euskal Herria, procedents de distints sectors ideològics, militàncies, sentiments i tradicions han estat treballant per incidir i contribuir de manera activa al procés de pau i obrir portes de diàleg sense prejudicis i condicions. Aquest col·lectiu -Ahotsak www.ahotsak.blogspot.com- ha donat a conèixer a l’opinió pública una Declaració el 8 d´abril d´enguany, en què reivindica el protagonisme de les dones en la recerca de solucions que portin no ja només al final de la violència sinó a la acceptació que la democràcia és el únic camí per acabar amb el llarg conflicte que ha enfrontat tràgicament els ciutadans i ciutadanes basques al llarg de dècades. I democràcia significa assumir que tots els projectes polítics són defensables sempre que es garanteixi el lliure exercici dels drets polítics per part de tots els sectors de la societat basca.

Davant d´aquesta iniciativa, un grup de dones de Catalunya, també procedents de distints col·lectius, sensibilitats i militàncies político-ideològiques, considerem que hem d´aportar la nostra solidaritat i el nostre esforç perquè el camí que sembla haver-se obert aquestes darreres setmanes ja no es pugui tancar. És per això que us convoquem a un acte que se celebrarà el dia 15 de maig a Barcelona, a les 19h, al Teatre Lliure (Mercat de les flors), en el qual representants d´Ahotsak, ens parlaran de la feina feta fins ara i de la manera com pensen seguir incidint i contribuint al procés de pau.

Dones basques participants:
Jone Goirizelaia
Gemma Zabaleta
Nekane Alzelai
Kontxi Bilbao
Gemma Gonzalez de Txabarri
Ainhoa Aznarez
Itziar Gomez

Si esteu interessades a participar en la convocatòria de l’acte podeu subscriure aquest document a l’adreça: donescatalanesperahotsak@hotmail.com, per tal d’incorporar el nom propi i/o el de la entitat.

Barcelona, 27 d’abril de 2006